Novas

Atrás PROXECCIÓN NA FÁBRICA-Venres 6 de febreiro

 

 

Venres 6 de febreiro ás 21:00 horas

Auditorio do centro cultural A Fábrica, de Perillo

 

A proxección irá acompañada dunha exposición composta de vinte fotografías sobre a historia do teatro galego e sobre os días de rodaxe do documental. Estará colgada do 4 ao 10 de febreiro.

 

Iago Vázquez, presenta o documental “O que hai que facer para non ir ao mar! Unha viaxe a través do teatro galego”. Escrito e dirixido por Iago Vázquez.

 

Sinopse: Uxía, filla de Tuto e Mariajo, dous actores de teatro xa falecidos, ten curiosidade por saber como foron os anos nos que os seus pais percorrían Galicia representando funcións. Como xa non están, decide facer unha viaxe histórica e emocional a través dos seus compañeiros de profesión dos seus pais e explorar así a historia do teatro galego dos últimos corenta anos.

Xénero: documental

Duración: 74 minutos

Entrada libre, ata completar a capacidade da sala. Maiores 12 anos.