Novas

Atrás PROXECCIÓN NA FÁBRICA

 

Este xoves 27 de febreiro ás 20.30 horas, o auditorio do centro cultural A Fábrica acolle a pre-estrea da longametraxe "Blockbuster", dirixida por Tirso Calero e interpretada por Manolo Zarzo e Adam Jezierski. Blockbuster conta coa colaboración especial de Mª José Alfonso, Jesús Guzmán, Luís Varela e Fernando Esteso.

A película conta a historia de Paco Menéndez, un actor que participa en máis de cen películas pero que xa perdeu a ilusión para seguir loitando por unha profesión que considera ingrata. A súa carreira estivo chea de éxitos e decepcións pero, sen dúbida, o olvido é o maior dos fracasos.

A entrada é libre, ata completarse a capacidade da sala.