TEATRO. Programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios-AGADIC
Sábado 9 de abril ás 20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)
Pérez&Fernández: Os nenos da varíola
Autoría: María Solar
Dirección: Victoria Pérez- Xosé Leis
Elenco: Isa Risco, Victoria Pérez, Manu Fernández e Xosé Leis
Xénero: Teatro/Drama
Duración: 60 min
Público: Adulto
Sinopse:
30 de novembro de 1803: "A Real Expedición Filantrópica da Vacina" parte desde o porto da Coruña. Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana "brazo a brazo" para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar, nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade.
Pérez&Fernández en Coprodución co Centro Dramático Galego presenta a adaptación á escena da novela de María Solar "Os Nenos da Varíola". Unha peza teatral con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña e como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filantrópica da Vacina, na que a súa heroína máis esquecida converteuse nun dos piares máis importantes da expedición, a reitora da Casa dos Expósitos, Isabel Zendal.
Prezo: 3,50 € (as entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala).