TEATRO. Programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios-AGADIC
Sábado 19 de marzo ás 20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)
A Panadaría: As que limpan
Autoría: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman e Paula Carballeira
Dirección: A Panadaría
Elenco: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman
Xénero: teatro / comedia
Duración: 75 min
Público: adulto
Sinopse:
Un cartel pendurado no manubrio da habitación. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son As que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precario. As que limpan, fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.
Prezo: 3,50 € (as entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala).