O Concello de Oleiros organiza un curso de lingua galega os luns, mércores e xoves de 10.00 a 12.00 horas na Fábrica. O curso comezará o xoves 4 de outubro e rematará o 15 de novembro.
As persoas interesadas poderán inscribirse do 24 ao 28 de setembro na Fábrica ou enviar a inscrición por correo electrónico a lingua@oleiros.org. As persoas participantes admitiranse por rigorosa orde de inscrición, atendendo tamén ao nivel que precisan. O curso é gratuíto.