Novas

Novas

Atrás O alumnado de 3º e 4º de primaria asistiu ao auditorio de Mera a ver a obra Valados

Este venres, 17 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de primaria dos centros de ensino asistiu ao Auditorio Gabriel García Márquez para ver a obra Valados, de Agustín Fernández Paz e interpretada por Artestudio.
Esta fermosa obra fala da amizade por riba das diferenzas, da igualdade entre os seres humanos fronte aos odios, da liberdade, da loita contra as discriminacións, segregacións e imposicións inxustas a través da cal o alumnado coñece a realidade social que se está a vivir en tantos países; á vez que damos a coñecer a obra deste autor.
Ademais da representación, Artestudio elaborou unha unidade didáctica da obra que
expoñerá nos centros a vindeira semana para traballar os aspectos destacados nela e facer reflexionar o alumnado sobre os “valados” que atopamos na vida.