Novas

Atrás MUSICA NA FÁBRICA

 Sábado 15 de outubro ás 20:30 horas

Centro cultural A Fábrica, Perillo

 

Concerto de MAUREEN CHOI QUARTET

 

Banda de latin jazz liderada pola violinista americana Maureen Choi, artista que plasma as súas influencias musicais e amosa a súa mestría para mesturar con elegancia jazz, latin, flamenco e música clásica. Está considerada unha das bandas de jazz máis orixinais, interesantes e sorprendentes do panorama actual.

 

Maureen Choi Quartet, está formado por Maureen Choi (violín), Daniel García (piano), Mario Carrillo (contrabaixo) e Michael Olivera (batería). Presentan o seu terceiro traballo, Ida y vuelta.

 

As entradas poñeranse á venda a partir das 19.30 horas a un prezo de 3,50 euros, ata completar a capacidade da sala.