Novas

Atrás IX CICLO DE MÚSICA VOCES CÁLIDAS PARA NOITES DE INVERNO: CONCERTO DE TULSA

Sábado 26 de febreiro ás 20:30 horas

Auditorio da Fábrica (Perillo)

Concerto: Tulsa

 

Baixo o  nombre de TULSA escóndese o universo de Miren Iza, unha guipuzcoana (Irun,

1979) que comenzou dar os seus primeiros pasos no mundo da música co grupo

Electrobikinis. Punk-rock e surf cantado en inglés. Electrobikinis separanse en 2002 e é

entón caando Miren Iza, comeza a escribir cancións en castelán, narracións emocionais con regusto folk rock americano.

 

O seu primeiro disco largo “Sólo me has rozado” foi editado en el 2007. En 2010 edítase o seu segundo álbum, “Espera la pálida” (Subterfuge), no que continúa a exploración do son “americana” e leva o grupo, naqueles tempos integrado por 6 músicos a facer unha xira extensa, durante os dous seguintes anos, por toda España, e recalando puntualmente en Arxentina e Nova York.

En 2011 Miren trasládase a vivir a Nova York, onde continúa escribindo cancións e facendo concertos. Antes de volverse definitivamente a España embárcase nunha xira por EEUU mezclando por primeria vez o son acústico coa electrónica.

En 2015 edita o álbum “La Calma chicha”  e en 2016 graba a banda sonora da película de Jonás Trueba “Los Exiliados Románticos” e que se edita baixo omesmo nome. Realizan una xira conxunta de proxección da película e concerto da banda por varios lugares de España.

En 2017 graba e edita “Centauros” e en 2021 edita ‘Ese Éxtasis’, o seu último álbum de estudio.

 

PREZO: As entradas poñeranse á venda unha hora antes do inicio dos espectáculos a un prezo de 3,50 euros.