Novas

Atrás DANZA EN MERA

 

  O Auditorio Gabriel García Márquez acollerá o vindeiro domingo 7 de xuño ás 20:30 horas unha coprodución do Centro Coreográfico Galego presentada por Paloma Pérez Colomer Cachafeiro, que leva por título Atlántica e que une a idea básica da danza moderna con Galicia.

          O punto de partida das emocións que motivarán a creación e os movementos e o ritmo da coreografía será nunha época ficticia inspirada nos poemas dos poetas máis representativos do rexurdimento literario de Galicia, revisados baixo a óptica dun coreógrafo contemporáneo formado en todas as especialidades da danza e que traballou coma bailarín con distintos coreógrafos, Juan Miguel Hernández, quen contará con bailaríns suficientemente experimentados e coa música de Ismael Berdei para facer máis comprensible a peza.

          O espectáculo está dirixido a todos os públicos e a entrada será de balde ate completar a capacidade do Auditorio.