Novas

Atrás Concertos Encontro Internacional de Música de Pulso e Púa

  

Xoves 4 de outubro ás 20:30 horas

Auditorio da Fábrica, Perillo

 Concerto Encontro Internacional de Música de Pulso e Púa

BANDOLINA DÚO

Elenco: Oriana Ximena Medina (bandola andina colombiana) e Carlos Andrés Quintero (mandolina)

Dous músicos colombianos expoñentes da música tradicional colombiana achegan unha nova proposta musical mediante a interacción de dous instrumentos de plectro como son a bandola andina colombiana e a mandolina, desenvolvendo así un repertorio non só tradicional colombiano e latinoamericano, senón tamén do repertorio universal para instrumentos de corda pulsada.

Entrada libre con invitación ata completar a capacidade da sala. As invitacións poderán recollerse a partir das 19.30 horas. Todos os públicos. 

Venres 5 de outubro ás 20:30 horas

Auditorio da Fábrica, Perillo

 

Concerto Encontro Internacional de Música de Pulso e Púa

ENSEMBLE “MANDOLINS OF YEKATERIMBURG” (Rusia)

O grupo "Mandolins of Yekaterinburg" é o único conxunto en Rusia que reúne á case totalidade da familia das mandolinas con acompañamento de guitarra española e acordeón.

A idea de crear unha banda xurdiu a principios dos 80 do século XX, na Sverdlovsk Music College Tchaikovsky, grazas a que se atopou un conxunto de antigas mandolinas italianas case destruídas. Foron estas mandolinas, despois da restauración, coas que comezaron no grupo "Mandolinas", creado en 1985, baixo a dirección Valery Zhdanov, e o equipo revitalizouse posteriormente con músicos virtuosos, ben coñecidos en Rusia e no estranxeiro: Svetlana Musafina (mandolina), Minzilya Gibadulin (mandolina, mandola), Julia Platonov (mandolina, mandola), Tatiana Novoseletskaya (mandolochelo) e Dmitry Motorin (guitarra).

Entrada libre con invitación ata completar a capacidade da sala. As invitacións poderán recollerse a partir das 19.30 horas. Todos os públicos.