Novas

Atrás Comeza o II Premio TikTok do Concello de Oleiros

Volve o II Premio TikTok do Concello de Oleiros para o alumnado de ESO e bacharelato. As persoas interesadas poden enviar os seus vídeos a lingua@oleiros.org desde o 3 ao 22 de xuño.

A temática dos vídeos será sobre a lingua, a literatura ou a situación sociolingüística e terá unha duración dun minuto.

Poderán participar todo o alumnado dos institutos de Oleiros e haberá tres categorías:

Categoría 1: 1º e 2º de ESO

Categoría 2: 3º e 4º de ESO

Categoría 3: bacharelato

Os vídeos sairán publicados no Instagram das casas da mocidade: @centrosmocidade, desde onde se poderán votar durante 7 días, cuxo prazo será indicado a través de redes sociais.

Haberá dous premios por categoría, por unha banda, o premio do público que  será para o que consiga máis “gústame” no perfil de Instagram @centrosmocidadeoleiros que recibirá unha pulseira intelixente (Smart Band). E o premio do xurado, o vídeo mellor valorado polo xurado, recibirá uns auriculares sen fíos.

Podes consultar as bases e a ficha de inscrición.