O domingo 26 de marzo ás 19:30 horas no Auditorio da Fábrica de Perillo terá lugar a proxección da película EL DESCONOCIDO.
A entrada será libre con invitación ata completar a capacidade da sala. As invitacións poderán recollerse a partir das 18.30 horas.
Dirección: Dani de la Torre
Reparto: Luis Tosar, Javier Gutiérrez, Goya Toledo, Elvira Mínguez, Fernando Cayo, Paula del Río, Marco Ruiz, Luis Zahera, Ricardo de Barreiro, María Mera, Antonio Mourelos
País: España
Ano: 2015
Duración: 91 minutos
Xénero: thriller
Cualificación: non recomendada a menores de 12 anos
Sinopse: Carlos, executivo de banca, inicia a súa rutineira mañá levando os seus fillos ao colexio. Cando arranca o coche, recibe unha chamada anónima anunciándolle que ten unha bomba debaixo do seu asento e que dispón apenas dunhas horas para reunir unha elevada cantidade de diñeiro...