O domingo 9 de abril ás 19:30 horas, no Auditorio da Fábrica de Perillo, terá lugar a proxeción da película El Olivo.
Dirección: Icíar Bollaín
Reparto: Anna Castillo, Javier Gutiérrez, Pep Ambrós, Manuel Cucala, Miguel Ángel Aladrén
País: España
Ano: 2016
Duración: 94 minutos
Xénero: drama
Cualificación: non recomendada a menores de 7 anos
Sinopse: Alma ten 20 anos e adora o seu avó, un home que leva anos sen falar. Cando tamén se nega a xantar, a rapaza decide recuperar a árbore milenaria que a familia vendeu en contra da súa vontade. O problema é saber en que lugar de Europa está a oliveira...
Entrada libre con invitación. As invitacións poderán recollerse a partir das 18.30 horas.