CINE
Venres 6 de maio ás 20:30 horas
Auditorio da Fábrica (Perillo)
Sofía Casanova: a obreira do pensamento
Guión: Rosa Castro
Reparto: Isabel Naveira (Sofía Casanova), Tito Asorey (Vicente), Paula Cereixo (Pepa), Mercedes Castro (Dona Rosa), Nuncy Valcárcel (Maruxa), Xosé Esperante (Campos), Fran Paredes (Andrade), Fran Nogueira (Freire), Blanca Cendán (Condesa Allegue) e Arturo Zas (Andrés Martínez)
Ano: 2022
Duración: 100 minutos
Xénero: histórica
Cualificación: todos os públicos
Sinopse: “Sofía Casanova, a obreira do pensamento”, é unha película baseada na figura desta muller poeta, novelista e xornalista que foi a primeira muller española correspondente de guerra.
Máis aló da actividade profesional a película “Sofía Casanova, a obreira do pensamento” destaca a parte persoal e humana da escritora. A crise existencial pola que atravesa, o refuxio na súa Galicia natal e a especial relación que a unirá xa para sempre coa súa criada Pepa, que se converterá no seu pano de bágoas e tamén na súa amiga e confidente. En 1896 Sofía Casanova establécese en Mera durante algún tempo coa súa familia: o seu marido Vicente e as súas dúas fillas María e Izabela. A escritora está sumida nunha profunda depresión que quere superar en Galicia. Este será o punto de partida da película que tratará o lado máis persoal, íntimo e familiar da Sofía Casanova muller máis aló da Sofía Casanova intelectual e xornalista.