HOTEL TRANSILVANIA
Martes 28 de decembro ás 18.30 horas
Teatro As Torres, Santa Cruz
A entrada será de balde con invitación ata completar a capacidade da sala.
Reservaranse as prazas a través do formulario habilitado ás 13.00 horas do día anterior ata ás 13.00 horas do mesmo día de cada película.
Para acceder ao link desta película preme aquí
De quedar invitacións sen adxudicar nesa franxa horaria entregaranse no propio espazo 30 minutos antes por rigorosa orde de chegada.
Título orixinal: Hotel Transylvania
Ano 2012
Duración: 91 min.
País: Estados Unidos
Dirección: Genndy Tartakovsky
Guión: Peter Baynham, Robert Smigel, Todd Durham, Dan Hageman, Kevin Hageman
Música: Mark Mothersbaugh
Fotografía: Animación
Elenco: Animación
Xénero: Animación./ Comedia/. Fantástico | Monstros /Comedia de terror
Sinopse
Desde o seu nacemento, Mavis vive no luxoso Hotel Transylvania, que foi creado para protexer aos monstros da ameaza dos humanos. Cando Mavis está a piques de cumprir a maioría de idade (118 anos), o seu pai, o Conde Drácula, prepáralle unha festa á que asisten os mellores amigos da familia: desde Frankenstein ata o Home Invisible ou a Momia; pero á celebración tamén asiste un home que se namora de Mavis.