Novas

Atrás APERTURA PRAZO DE INSCRICIÓN OBRADOIROS TEATRAIS MUNICIPAIS

 

O Departamento de Cultura abre o vindeiro xoves 13 de setembro o prazo de inscrición para os Obradoiros de Teatro infantil e xuvenil dirixidos a nenos/as e xóvenes, que terán lugar un ano máis no Teatro As Torres de Santa Cruz os sábados en horario de mañán a partir do mes de outubro.

Este mesmo día ábrese o prazo de inscrición para o Obradoiro de Iniciación ao Teatro, para maiores de idade, que se desenvolverá os luns e xoves polas tardes neste mesmo espazo.

No proceso de inscrición teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

Para ter máis Información e formalizar as inscricións dirixirse ao Departamento de Cultura na Fábrica (Rúa do Inglés, nº 13 – 15172 Perillo), nos teléfonos 981 610 000 (Extensións 4915) e 981 636 598 ou mediante correo electrónico a cultura@oleiros.org ou afabrica@oleiros.org