O vindeiro 22 de outubro terá lugar unha nova edición do Programa Andares por Galicia, organizado polo Concello de Oleiros, coa Ruta polas Fragas do Eume: De Fontardión á Capela
Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.
Todas as saídas contarán con 3 monitores/as especializados/as e están dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 22 euros.
Ofertaránse 40 prazas para cada unha das saídas, con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros e adxudicaranse as prazas por rigorosa orde de inscrición a partir do martes 11 de outubro ás 10.00 horas no seguinte formulario:
|
Punto inicio: O Gallel (As Pontes) Punto final: As Neves (A Capela) Distancia aprox.: 13 km Dificultade: media |
PUNTOS DE INTERESE - Monte Fontardión: gando libre - Matogueira: importancia ecolóxica - Parque natural das Fragas de Eume - Canón do Eume - Río Eume - Bosques atlánticos - Encoro do Eume - Central da Ventureira - Minicentral de San Bartolomeu - Ponte de Santa Cristina - Mosteiro de Caaveiro - Muíños e ponte de Sesín - Aldea do Pazo - Museo etnográfico VISITA CULTURAL: - Museo etnográfico da Capela (O Pazo) - Mosteiro de Caaveiro |
Para obter máis información é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org