Novas

Atrás ALFAROLEIROS 2018: XXIV EDICIÓN

 

Este ano 2018 celébrase a XXIV edición da feira de olería de Oleiros, máis coñecida como Alfaroleiros. Terá lugar do 1 ao 5 de agosto no Parque Luís Seoane de Santa Cruz. Un ano máis, diferentes oleiros achegaranse a Oleiros para sementar o parque de tradición e bo facer.

 

Coa finalidade de facer honor ao seu topónimo, o Concello de Oleiros, desenvolve esta Feira de Alfareiría Tradicional que é, polo seu carácter específico, unha feira única onde a tradición e o antigo se esixen en toda a súa pureza. Convídase a alfareiros tradicionais de diferentes puntos do Estado e de Portugal que, ou ben son únicos na súa zona no traballo alfareiro, ou ben son dos máis significativos en canto á calidade e pureza das pezas que traen á Feira.

                       

ALFAROLEIROS é unha Feira de alfareiría tradicional que comenzou no ano 1.995, a raiz da posta en funcionamento do Museo de Os Oleiros, que conta cunha colección única, donada ao Concello de Oleiros por José Mª Calzado y Dalmases (José Mª Kaydeda) e Teresa Jorge Antolín e que está ubicada no Centro Cultural As Torres de Santa Cruz.

As pezas estarán expostas na herba e desde alí ao longo de cinco días, entre as 10.00 e as 22.30 horas, os alfareiros ensinarán e venderán o froito do seu traballo a miles de visitantes. Ademáis da exposición e venda das pezas, os alfareiros realizarán demostracións do seu traballo.

 

O alumnado da Escola Municipal de Olería expoñerá ao longo dos cinco días de duración da Feira algún dos seus traballos.

 

Paralelamente á Feira no mesmo Parque Luis Seoane e na praza Esther Pita, desenvolveranse diversas actividades de carácter lúdico-cultural (obradoiros, concertos, espectáculos de rúa,…) para disfrute da veciñanza e das persoas que nos visitan nesas datas. Para descargar o tríptico coa programación preme aquí.