Novas

Atrás A Orquestra de Cámara Galega presenta Suite das oito

 A Orquestra de Cámara Galega presenta Suite das oito o sábado 29 de setembro ás 20.30 no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera.

 

Sinopse: Suite das oito reflicte un punto de equilibrio e converxencia entre tres diferentes personalidades musicais: Quinito Mourelle, Roberto Somoza e Rogelio Groba, á fronte da Orquestra de Cámara Galega.

Suite das oito está formada por oito composicións orixinais nas que priman o carácter narrativo e o sentimento. Son pequenas historias para escoitar ás oito da tarde, cando necesitamos deixar atrás as reviravoltas da nosa rutina, ou ben ás oito da mañá, para afrontar o día cunha nova perspectiva. Nelas réndese homenaxe a lugares e persoas especiais, aos paxaros, aos valses, ao océano cambiante, á poesía.

 

Elenco: Quinito Mourelle (composición e piano), Roberto Somoza (arranxos e clarinete) Rogelio Groba (director concertino OCGA) Orquestra de Cámara Galega (OCGA). Xénero: jazz.

Duración: 80 minutos.

Público: todos os públicos.

Entrada libre, ata completar a capacidade da sala.