Presentación do departamento de Cultura

Presentación

O Departamento Municipal de Cultura amósache neste espazo toda a infraestrutura sociocultural habilitada para ti. Museo, sala de exposicións, auditorios, casas do pobo, centros cívicos e culturais... equipamentos onde se desenvolven un gran número de actividades de todo tipo ao longo do ano.

Ademais podes consultar a variada programación cultural realizada para tentar cubrir as distintas necesidades dos milleiros de oleirenses no seu tempo de lecer; teatro, danza, cine, música, festas, exposicións, obradoiros, conferencias..., actividades na procura de novos coñecementos, de fortalecer a nosa identidade cultural, de fomentar a creatividade e a participación, de potenciar hábitos saudábeis que fomenten a convivencia e o encontro cos veciños e coas veciñas.

Tamén podes consultar un gran número de entidades socioculturais presentes na vida do municipio; asociacións de tipo cultural, social, veciñais, musicais, de pais e nais de alumnos dos centros escolares do concello, ... un conxunto de asociacións que traballan día a día nas diferentes parroquias do Concello de Oleiros.

Obxetivos

  • Involucrar aos veciños na programación da actividade cultural para lograr un maior nivel de implicación, compromiso e responsabilidade.
  • Organizar experiencias que fomenten a participación e a integración de todos os veciños e as veciñas do municipio e que lles permitan desenrolar valores, coñecementos e habilidades para un uso enriquecedor do seu tempo libre.
  • Ofrecer alternativas saudabeis de utilización do tempo libre.
  • Promover o asociacionismo local.
  • Potenciar a identidade cultural, o sentimento de pertenza a unha colectividade.
  • Xerar inquietudes e iniciativas independentes e responsables.
  • Animar e dinamizar o que xa existe.
  • Fomentar a creatividade.

NOVAS

Atrás PROGRAMACIÓN CULTURAL-TEATRO: SÁBADO 9 DE ABRIL

 

TEATRO. Programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios-AGADIC

Sábado 9 de abril ás 20:30 horas

Auditorio Gabriel García Márquez  (Mera)

Pérez&Fernández:  Os nenos da varíola

 

Autoría: María Solar

Dirección: Victoria Pérez- Xosé Leis

Elenco:  Isa Risco, Victoria Pérez, Manu Fernández e Xosé Leis

Xénero: Teatro/Drama

Duración: 60 min

Público: Adulto

 

Sinopse:

30 de novembro de 1803: "A Real Expedición Filantrópica da Vacina" parte desde o porto da Coruña. Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana "brazo a brazo" para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar, nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade.

Pérez&Fernández  en Coprodución co Centro Dramático Galego presenta a adaptación á escena da novela de María Solar "Os Nenos da Varíola". Unha peza teatral con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña e como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filantrópica da Vacina, na que a súa heroína máis esquecida converteuse nun dos piares máis importantes da expedición, a reitora da Casa dos Expósitos, Isabel Zendal.

 

Prezo: 3,50 € (as entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala). 

Destacados

Imaxe PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO-DECEMBRO 2018 PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO-DECEMBRO 2018

PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO-DECEMBRO 2018

Programación cultural do Concello de Oleiros de Setembro a Decembro do 2018