Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  

 

Tempadas de tertulias

Atrás Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (19 a 21 xaneiro 2026)

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 19 de xaneiro.
 19 a 20:30 h.
Comentario de "Feliz idade" de Olga Novo.
Documentación.
Ao remate entregaráse "Viento del norte" de Elena Quiroga.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 20 de xaneiro.
 11 a 12:30 h.
Comentario de "La tabla de Flandes" de Arturo Pérez Reverte.
Documentación.
Ao remate entregaráse "A pensión Eva" de Andrea Camilleri.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 20 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
"Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane: unha narrativa visual"
Aviso importante: Por condicións climatolóxicas adversas a tertulia terá lugar na biblioteca, suspendéndose a visita inicialmente programada ao Castelo de Santa Cruz.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Océano mar" de Alessandro Baricco.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 21 de xaneiro.
 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El vestido azul" de Michéle Desbordes.

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red]