Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Juan Fariña presentará en Casa Charry “Agosto dezaseis”, a súa nova última novela

Imagen Juan Fariña presentará en Casa Charry “Agosto dezaseis”, a súa nova última novela

Juan Fariña presentará o mércores 22 de xullo ás 19:00 horas na Casa Charry, a súa última novela “Agosto Dezaseis”. O acto estará presidido polo alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane. 
"Agosto Dezaseis" é a terceira obra literaria deste prolífico escritor bergondés.


"Agosto Dezaseis" transcorre en territorio recoñecible: Betanzos. Un Betanzos envolto na historia, a memoria, a imaxinación e algún que outro misterio dos xa incontables que esconde a Cidade dos Cabaleiros. 

O núcleo da narración é o internacionalmente coñecido Globo de Betanzos. A narración parte do 16 de agosto como referencia temporal inevitable e, case a modo de ucronía, vai desenvolvendo toda a acción na cidade do Mendo e do Mandeo. A novela desprégase en diferentes momentos históricos mais o lector pode identificar moi facilmente rúas, barrios; como a A Magdalena, A Ribeira ou Santa María ou as celebracións do San Roque; que aínda que aparecen transformadas conservan toda a súa identidade.

Un dos elementos máis salientables da novela son os “misteriosos” túneles subterráneos, as minas do casco histórico. Un tema que leva moitas décadas espertando a curiosidade de historiadores, investigadores e veciñanza do que pouco se sabe a día de hoxe. A atmosfera de misterio que envolve ese gran misterio patrimonial de Betanzos é peza angular na obra de Fariña.

A novela serpentea entre unha realidade documentada, a especulación do que puido ser se dera outra solución e a ensoñación convertendo algún episodios descoñecidos da cidade en literatura. 

A entrada é libre e gratuíta.