Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Forte indignación veciñal polo abandono total da avenida Isaac Díaz Pardo por parte da Xunta

Imagen Forte indignación veciñal polo abandono total da avenida Isaac Díaz Pardo por parte da Xunta

A raíz da campaña de denuncia da marxinación do Goberno da Xunta, numerosos veciños e veciñas están a dirixirse ao Concello para amosar a súa indignación pola inexistencia de beirarrúas na avenida Isaac Díaz Pardo: unha estrada urbana que conecta importante zonas residencias que suman máis de 5.000 habitantes con áreas comerciais, centros educativos, instalacións deportivas, Centro Municipal de Formación, Aspronaga...

A ausencia total de investimentos nas estradas autonómicas de Oleiros estana a sufrir especialmente as persoas con mobilidade reducida. A situación é especialmente grave na avenida Isaac Díaz Pardo, onde están situadas as residencias de Aspronaga, con 86 persoas usuarias que para moverse con cadeiras de rodas vense obrigadas a circular pola estrada, co conseguinte perigo que isto supón.

É unha vergoña que a Xunta de Galicia atente desta maneira contra a seguridade das persoas. O Concello de Oleiros leva anos reclamando beirarrúas nesta estrada. Foron varias as reunións celebradas con distintas conselleiras, escritos, informes... sen que en ningún momento se dignasen nin a contestar.