O día 28 de febreiro, ás 18.30 horas, na Biblioteca Central Rialeda, terá lugar a 2º sesión do Obradoiro de creación literaria impartido polo escritor e profesor Xavier Seoane.
Está dirixido a mozas/os (a partir de 15 anos) e adultas/os, realizarase os martes e terá unha duración de dez sesións.
As prazas son limitadas. É imprescindible inscribirse na biblioteca chamando ao teléfono 981 639 511 ou a través do correo electrónico biblioteca.rialeda@oleiros.org .
Importante: esta actividade ten prezo público para as persoas non empadroadas no Concello de Oleiros.

