Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Avenida Rosalía de Castro, 227A
Perillo
CP: 15172
Tel.: 981 639 511
Fax: 981 639 996
biblioteca.rialeda@oleiros.org
Creada no ano 1986, actualmente está situada no edificio denominado Rialeda, catalogado como patrimonio histórico-artístico municipal, de estilo modernista racionalista, construído polo célebre arquitecto coruñés Rafael González Villar no ano 1912 e restaurado para biblioteca no ano 1998.
Na sala infantil hai un mural realizado, no ano 2009, polo ilustrador e prestixioso autor de banda deseñada Miguelanxo Prado.
Está rodeada dun fermoso xardín con gran diversidade de árbores, no que destacan un cedro do Himalaia (cedrus deodara) e frondosos tileiros (tilia cordata).
Horario de apertura ao público:
Inverno:
- De luns a venres de 8:15 a 21:15 horas
- Sábados* de 10:00 a 14:15 horas (excepto do 15 de xuño ao 15 de setembro)
*Os sábados non hai servizo de ordenadores nin de internet
Verán:
- Xullo: de luns a venres, de 8:15 a 21:15 horas
- Agosto: de luns a venres, de 8:15 a 20:15 horas
- Setembro: de luns a venres, de 8:15 a 21:15 horas
Servizos:
- Accesible a persoas con discapacidade física
- Actividades de promoción da lectura e culturais
- Consulta do catálogo de fondos bibliográficos
- Consulta pública e gratuíta de Internet (13 ordenadores de uso público)
- Formación de usuarios/as
- Información bibliográfica
- Lectura e consulta en sala de libros, revistas, prensa, documentos electrónicos, sonoros e audiovisuais
- Seccións de Referencia, Xeral, Galicia, Infantil e Xuvenil e Local
- Sala de audiovisuais e multimedia
- Sala de lectura de adultos/as e de fondo local
- Sala de publicacións periódicas e prensa.
- Sala infantil e xuvenil
- Préstamo a domicilio de libros, revistas, DVD, CD, CD-ROM,...etc.
- Préstamo interbibliotecario e colectivo a centros de ensino
- Publicacións de guías de lectura, boletíns, etc.
- Reprografía
- Solicitudes de adquisicións
- Uso público e gratuíto de WiFi
Ordenadores para uso público:
- 8 para mozos/as e adultos/as
- 5 para público infantil
Colección:
- Libros: 47.590
- Periódicos e revistas: 78 títulos de publicacións periódicas abertas
- DVD: 3.274
- CD: 1.679
- CD-Rom: 513