Novas

Atrás 7 de maio: "Contos terribles" con Pablísimo na Biblioteca de Santa Cruz

http://www.pablisimo.es/

Na Biblioteca de Santa Cruz haberá contos terribles, terroríficos, espantosos e horripilantes... contos de monstros, dragóns, lobos... unha sesión de risa para quitar o medo de enriba! Espectáculo de contacontos, lendas e tradicións populares con monicreques, láminas e obxectos, a cargo do contacontos Pablísimo, para alumnos-as do CEIP Parga Pondal:

 

 
- 10,20 h. - Educación Infantil 4 anos A e B.

 

- 12,00 h. - Alumnado de 3º A e B de Educación Primaria.