Concello de Oleiros

Bibliotecas » Bibliotecas » Biblioteca e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro. Santa Cruz

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro. Liáns

N 43.346926,

W -8.343631

 

Centro Cultural “As Torres”.

Rúa Emilia Pardo Bazán, 17.

Santa Cruz

15179 Liáns

Telf.: 981 626 338

biblioteca.santacruz@oleiros.org 

Creada no ano 1985, actualmente está situada na planta baixa dun edificio construído no século XVII, denominado tradicionalmente Pazo de Coruxo ou Torres de Coruxo, restaurado no ano 1992 e ampliado no ano 2007.

Está rodeada dun frondoso xardín, de gran biodiversidade, no que destaca un senlleiro e fermoso ombú (Phytolacca dioica).

Debido a que está instalada nun Centro Cultural tamén usa diversos espazos deste centro, como o Teatro Municipal “As Torres” e a sala para actividades.

A orixe do Centro de Documentación da Muller está no esforzo das mulleres que formaban parte da Asociación de Veciños Santaia e da Comisión de Festas dos anos 1983-1988 de Santa Cruz.

 

Horario de apertura ao público:

Inverno:

  • Mañás de martes a venres, de 10:00 a 13:30 horas
  • Primeiro e terceiro sábado de mes, de 10:00 a 14:00 horas
  • Tardes de luns a venres, de 16:00 a 20:00 horas

Verán:

  • Ata o 11 de xullo: de luns a venres, polas mañás de 10:00 a 14:00 e polas tardes de 17:00 a 20:00 horas. Do 12 ao 29 de xullo: de luns a venres, polas mañás de 8:00 a 14:00 e polas tardes de 16:00 a 20:00
  • Agosto: Ata o 12 de agosto, de luns a venres, polas mañás de 8:00 a 14:00 horas e polas tardes de 16:00 a 20:00 horas. Dos días 16 ao 31, de luns a venres, polas mañás, de 8:00 a 14:00 horas
  • Setembro: do 1 ao 14, de luns a venres, de 8:00 a 14:00 horas. Do 15 ao 30: Mañás, de martes a venres, de 10:00 a 13:30 horas. Tardes, de luns a venres, de 16:00 a 20:00 horas
 

Servizos:

  • Accesible a persoas con discapacidade física
  • Actividades de promoción da lectura e culturais
  • Centro de documentación da muller
  • Consulta do catálogo de fondos bibliográficos
  • Consulta pública e gratuíta de Internet (6 ordenadores de uso público)
  • Formación de usuarios/as
  • Información bibliográfica
  • Lectura e consulta en sala de libros, revistas, prensa, documentos electrónicos, sonoros e audiovisuais
  • Préstamo a domicilio de libros, revistas, DVD, CD, CD-ROM,...etc.
  • Préstamo interbibliotecario e colectivo a centros de ensino
  • Sala de lectura de adultos/as
  • Sala infantil e xuvenil
  • Seccións de Referencia, Xeral, Galicia, Infantil e Xuvenil e Local
  • Solicitudes de adquisicións
  • Uso público e gratuíto de WiFi
 
 

Superficie:

171 m2

Postos de lectura:

78

 

Ordenadores para uso público:

  • 6
 

Colección:

  • Libros: 21.647
  • Periódicos e revistas: 46 títulos de publicacións periódicas abertas
  • DVD: 596
  • CD: 291
  • CD-Rom: 95
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza