Manuel Pardo de Andrade en Dorneda
María Wonenburger en Montrove
Manuel Lugrís Freire en Oleiros
Esta actividade organízase entre o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística e o IES Miraflores.
Realizaránse dúas sesións, sendo a primeira o 15 de maio e a segunda o 19 de maio. En ambos casos comezaremos ás 9.00 horas, realizando en ambas datas o mesmo recorrido.
Recorreránse distintos lugares do municipio nos que viviron diferentes mulleres e homes ilustres, como unha homenaxe a todos eles e para dalos a coñecer, mellorando o coñecemento do patrimonio e os diferentes espazos do término municipal de Oleiros, ademáis de promover a lectura.
Comezamos en Dorneda, no antigo Pazo de Xaz, co ilustrado liberal e xornalista Manuel Pardo de Andrade, trasladámonos a Montrove onde naceu a matemática María Wonenburger, e posteriormente desprazámonos a Oleiros onde traballou o escritor Manuel Lugrís Freire.O alumnado do Instituto Miraflores realizará a presentación destas persoas ilustres. Alumnos e alumnas de 1º de bacharelato elaboraron o folleto dirixidos polo profesorado. O deseño da publicación foi realizado polo Departamento de Comunicación do Concello de Oleiros.

