Texto íntegro ordenanza
Asunto.- ordenanza municipal reguladora do procedemento de intervención e control na execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos.
A publicación no BOE do día 24.11.2009 da Lei 17/2009 de 23 de novembro sobre o libre acceso ás actividades de servizo e o seu exercicio que trae causa na Directiva de Servizos 2006/123/CE (Directiva Bolkestein) do Parlamento Europeo e incide directamente no ámbito do dereito local no que se refire ó réxime de tramitación e otorgamento das tradicionais licenzas de obra e de apertura.
A normativa europea Directiva de Servizos 2006/123/CE tiene por obxeto eliminar as barreiras que impiden ou dificultan o desenvolvemento das actividades de servizos, entendido nun doble sentido, liberdade de establecimento e libre prestación de servizos dentro da Comunidade Europea, sen que as fronteiras nacionais dos estados membros poidan dificultar esta expansión e desenvolvemento.
Esta Directiva establece que os Estados membros porán en vigor as disposicións legais, reglamentarias e administrativas necesarias para dar cumprimiento á mesma antes do 28 de decembro de 2009. Esta obligación alcanza tamén ás Comunidades Autónomas e ás Entidades Locais. Por esta razón promulgouse a Lei 17/2009 de 23 de novembro sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio e a Lei 25/2009 de 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio
Elaboración de ordenanza municipal reguladora do procedemento de intervención e control na execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos.
A ordenanza municipal axusta a actividade municipal en materia de urbanismo ás novedades derivadas da normativa europea e incorporadas pola normativa estatal e autonómica. Define os conceptos de autorización ou licenza, declaración responsable e comunicación previa, establece as actuacións suxetas a cada un dos supostos e regula os procedementos correspondentes. Non obstante terase en conta que respecto ás declaracións responsable ou comunicación previa non pode falarse de procedemento administrativo estrictamente ó tratarse de exercicio por parte do interesado dun dereito preexistente que se acredita ante a Administración (declaracion previa) ou ponse no seu coñecemento (comunicación previa) e que unha vez presentado, a Administración limitarase ó control administrativo da acción urbanística ou do exercicio da actividade. A ordenanza regula os efectos de la presentación da declaración responsable e comunicación previa ante a Administración e os efectos da non presentación. Incorpora modelos tipo de declaración responsable e comunicación previa e completase coa relación de documentación a presentar para cada un dos supostos.
A ordenanza municipal que se presenta ofrece solución práctica ós problemas que se plantean ós concellos respecto á intervencion e control da execución das obras ou exercicio de actividades e incorporado nas mesmas peculiaridades de Oleiros, adaptándola ós artígos do PGMO (plazos, prorrogas, caducidade, documentación) e añádese regulación propia respecto á documentación especifica e os matices diferenciais respecto ó procedemento de otorgamento de licenzas urbanísticas que se regulaba na ordenanza municipal anterior. Quizais as novidades más significativas sexa o desestimento no suposto que no se cumplimente a documentación requerida no plazo otorgado, o que deixa á bontade do interesado a resolución do expediente, evitando así que a tramitación dos expedientes se prolongue excesivamente, é dicir de non presentar a documentación requerida no plazo establecido teráselles por desistidos, en aplicación da lei RJPAC 30/92
Por último, o texto normativo finaliza cuns anexos onde se reflexa a documentación que haberá que exigir en cada caso para os distintos réximenes, posto que a nova normativa obliga a que no suposto de autorizacións ou licenzas os procedementos e trámites serán claros e inequívocos (art. 6 L. 17/2009) e o mesmo dispon a normativa cando de declaracións responsables ou comunicacións previas se trata (art. 71 bis da Lei 30/92). A disposición final primeira da ordenanza xa recolle que os anexos que se incorporan á ordenanza non teñen carácter reglamentario e por tanto o seu contido pode ser ampliado ou modificado por resolución do Alcalde, se ben se supedita a súa obligatoriedade á publicación no BOP cumplindo a exigencia de publicidade que exigna Directiva e as leis de trasposición. A aprobación da ordenanza facilitará ós cidadáns a obtención de toda a información e formularios relevantes para o acceso e exercicio da súa actividade, a través da páxina WEB municipal.