Noticias

Atrás A túa viaxe comeza na Biblioteca

A Biblioteca Pública Municipal de Santa Cruz achega as guías de viaxes de Galicia, España e o mundo, nunha nova exposición que estará na sala de consulta e lectura de adultos desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro.

Nesta mostra pódese atopar información sobre comunidades autónomas de España, Comunidade Europea: París, Londres, Roma, etc., mapas actualizados de estradas, así como guías de casas rurais, praias, balnearios, rutas a pé ou en bicicleta etc.

Todo este material está a disposición dos usuarios e usuarias da biblioteca para consultalo na propia sala ou no seu domicilio utilizando o carné de socio/a.