Tertulias literarias

Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  
 

Asset Publisher

Back Tertulia literaria en Rialeda: 17 de abril (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario da obra "El ruido de las cosas al caer" de Juan Gabriel Vásquez
Documentación
Obras de Juan Gabriel Vásquez nas nosas bibliotecas.

Durante esta sesión, celebraremos o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor/a. Para elo animamos ás participantes a traer - a xeito de agasallo - un libro (preferentemente non lido) que pasará a formar parte da biblioteca comunitaria das Tertulias Literarias, á libre disposición dos/as participantes na actividade. Ao cabo dun ano, estes libros serán doados a unha institución.


A seguinte obra programada é "Libertad" de Jonathan Franzen.