Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  

 

Tempadas de tertulias

Atrás Inicio 3º trimestre na Tertulia Literaria de Rialeda (grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias

/documents/39407/55553/DLFE-23626.pdf/5e27f3fd-5dfa-8c74-4305-6105697ff0e0Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 3º trimestre coa seguinte programación:

- "Adiós Hemingway" de Leonardo Padura
- Obra poética de Manuel María
- "Un paraíso inalcanzable" de John Mortimer
- Última lectura pendente de decidir

Datas:
- Abril: días 6 e 20
- Maio: días 4 e 18
- Xuño: día 1

Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca

Nestes intres o grupo está completo. Non se admiten novas inscricións durante esta tempada.