Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  

 

Tempadas de tertulias

Atrás 15 de abril: Inicio 3º trimestre na Tertulia Literaria (Grupo A)

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias /documents/39407/55544/DLFE-21321.pdf/6e7d7de5-1ce0-739f-6439-17311b6a1c0cNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 3º e último trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo A.

 

Datas:
- Abril: días 15 e 29
- Maio: días 13 e 27
- Xuño: día 10


Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.