Tertulias literarias

Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  

 

Tempadas de tertulias

Atrás Tertulias Literarias en Rialeda: inscrición a partir do 5 de outubro ás 8:15 h.

 Como inscribirse:
- En liña na ligazón https://xurl.es/hfi0x
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) en horario da biblioteca (luns a venres de 8,15 a 21,15 h.).

38 prazas por orde de inscrición distribuídas en 2 grupos de 19:
- 19 primeiras conforman o grupo A
- 19 restantes conforman o grupo B

As/os solicitantes sen praza formarán parte dunha lista de agarda.

Datas de inicio:
- Grupo A: mércores 19 outubro ás 17:30 h.
- Grupo B: mércores 26 outubro ás 17:30 h.

A duración da actividade é de 120 minutos.

*Non se admitirán solicitudes previas á data sinalada.

Poden inscribirse todas/os as/os maiores de 18 anos que desexen participar. As sesións celebranse quincenalmente. A actividade remata no mes de xuño de 2023.

Comentaránse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

As programacións inclúen obras de autoras e autores da literatura galega, española e internacional.