Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Campañas

Imaxe Dedicatorias lindas Dedicatorias lindas

Dedicatorias lindas

Grazas, Óscar!

    Imaxe En abril, libros mil En abril, libros mil

    En abril, libros mil

    Actividades organizadas por Bibloleiros para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil

      Imaxe Día da Muller 2020 en Bibloleiros Día da Muller 2020 en Bibloleiros

      Día da Muller 2020 en Bibloleiros

      Hora do conto, clubs de lectura, actividades para o alumnado e exposicións bibliográficas en violeta

        Imaxe Día das Letras Galegas 2019 adicado a Antonio Fraguas Día das Letras Galegas 2019 adicado a Antonio Fraguas

        Día das Letras Galegas 2019 adicado a Antonio Fraguas

        Contacontos, exposicións bibliográficas, etc. nas bibliotecas municipais

          Imaxe En abril, libros mil!!! En abril, libros mil!!!

          En abril, libros mil!!!

          En abril estamos de celebración

            Imaxe Homenaxe a Xabier P. DoCampo Homenaxe a Xabier P. DoCampo

            Homenaxe a Xabier P. DoCampo

            Lembramos o escritor e amigo con diversas actividades

              Imaxe Soledad Felloza alumea o Día de Rosalía en Rialeda Soledad Felloza alumea o Día de Rosalía en Rialeda

              Soledad Felloza alumea o Día de Rosalía en Rialeda

              "Cómo chove miudiño... cómo miudiño chove!". Cancións, poemas e tamén sabores do tempo de Rosalía.