Imaxe Proxección do documental Salvador Allende
Proxección do documental Salvador Allende

Luns 11 de setembro ás 20.00 horas

Auditorio da Fábrica (Perillo)

  • Descripción: Con motivo do 50 aniversario do Golpe de Estado en Chile, que supuxo o derrocamento e a morte do seu presidente lexítimo, Salvador Allende, e iniciou un período de terror no país andino, o Concello de Oleiros proxecta o documental “Salvador Allende”, dirixido por Patricio Guzmán no ano 2004. Presentan o acto Omar Contreras, ex-preso político da ditadura, e Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros. Colabora o Comité de Solidariedade con América Latina. Entrada de balde con invitación