Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back Actividades de promoción da lectura

/documents/39407/55553/DLFE-29319.pdf/04b451be-1b30-3ea6-21cd-385c5d3202ee
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 8 a 12 de abril:
Luns 8 de abril:
- 9:45: Alumnas-os de 6º de EP do
CEIP Valle-Inclán (Perillo). 
Visita á biblioteca e contacontos con Ramiro Neira.
Martes 9 de abril:
- 9:45: Alumnas-os de 6º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
Visita á biblioteca e contacontos con Ramiro Neira.
Xoves 11 de abril:
- 10:00: Alumnas-os de 5º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Sensacións debuxadas" con Manel Cráneo.
Venres 12 de abril:
- 10:00: Alumnas-os de 1º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"O corazón delator e outros contos" con Soledad Felloza.
Martes 9 de abril:
- 10:35: Alumnas-os de 4º de ESO
do IES María Casares (Santa Cruz).
"Viaxe en viñetas" con Miguel Cuba.
Mércores 10 de abril:
- 10:35: Alumnas-os de 1º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"Viaxando pola noite", a cargo de Ramiro Neira.
Xoves 11 de abril:
- 10:35: Alumnas-os de 2º de Bacharelato do IES María Casares (Santa Cruz).
"Poesía e teatro de Federico García Lorca", a cargo de Soledad Felloza.
Venres 12 de abril:
- 10:30: Alumnas-os de 1º de ESO  do IES Miraflores (Oleiros).
"Viaxando pola noite", a cargo de Ramiro Neira.
 
Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Martes 9 de abril:
- 10:00: Alumnas-os de 6º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Saltón no camiño e outras historias de ratiños" con Charo Pita
Mércores 10 de abril:
- 10:00: Alumnas-os de 5º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Sensacións debuxadas" con Manel Cráneo.
Xoves 11 de abril:
- 10:00: Alumnas-os de 5º B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Sensacións debuxadas" con Manel Cráneo.

Venres 12 de abril:

- 10:00: Alumnas-os de 5º C de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Sensacións debuxadas" con Manel Cráneo.