Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back Celebramos o Día da Poesía

O 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Poesía, e con el queremos promover a lectura de obras de poesía e recoñecer o valor poético como símbolo da creatividade humana.
- Realización de exposicións bibliográficas con obras de poesía en todas as bibliotecas
Durante o mes de marzo, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) a mostra bibliográfica titulada "Varios premios" con obras recoñecidas con importantes galardóns como “Feliz Idade” de Olga Novo, “Tempo fósil” de Pilar Pallarés, “Gloria” de Julio Martínez Mesanza, “Ficciones para una autobiografía” de Ángeles Mora, “Nueva York después de muerto” de Antonio Hernández, “Os ángulos da brasa” de Manuel Álvarez Torneiro, “Y todos estábamos vivos” de Olvido García Valdés. Todas recibiron o Premio Nacional de Poesía, pero tamén con outras do Premio de Poesía Johan Carballeira, Jaime Gil de Biedma, Hiperión, etc.
- Realización do video"Cantigas en grande" na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
A partir das estrofas lidas e comentadas nas sesións dos Club de Lectura en galego e recollidas no dosier “Lírica medieval galego-portuguesa”, realizado polas profesionais encargadas da Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz, Pepe Taboada, moderadora de ditas tertulias creou unha composición de cantigas a partir dos versos  escollidos polas-os compoñentes dos dous grupos de lectura como homenaxe ás-aos xograres e conmemorar o Día da Poesía.
- Actividades para o público infantil
Todas as sesións infantís levaranse a cabo ás 18:30 h. e estarán dirixidas a nenas e a nenos a partir de 6 anos.
- 21 de marzo: "Versos comestibles" a cargo de Ana Carreira, na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda).
- 23 de marzo: "Cantando os cantares" a cargo de Truque Matruque, na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz).
Achegará a un público infantil unha das obras máis importantes da literatura galega "Cantares gallegos" da gran poeta Rosalía de Castro, a través dun concerto interactivo e cuns ritmos actuais. Marcos Acuña cantará varios dos poemas que figuran nesta magnífica obra.
- 24 de marzo: "Esconxuros de verbas" a cargo de Ramiro Neira, na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé).
Durante o mes de marzo: "O peixe, o verso. O mar, o poema"  na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Verso a verso (peixe a peixe), faremos un mar de poemas. Escolleremos versos propios ou alleos que escribiremos dentro do animal mariño do noso gusto. Colorearémolos e expoñerémolos para facer un mar de versos.
- Actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino público
- 21 de marzo: "Ilustrando en verso" a cargo do ilustrador Enrique López, para alumnado de 3º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
- 22 de marzo: "Contacontos en verso" a cargo da poeta Yolanda Castaño, para alumnado de 1º e 2º de primaria do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
- Actividades para mocidade e público adulto
No Club de lectura da Biblioteca Central Rialeda (Perillo), grupo B:
Lectura de poesías de Darío Xohán Cabana, principalmente da súa obra Ábrelle a porta ao día, pero tamén de poemas, traducidos ao galego por este autor, das obras do "Cancioneiro" de Francesco Petrarca e da "Divina Comedia" de Dante Alighieri.
NON CANTAN OS PAXAROS
por onde nace a auga,
non se oia ningún canto.
Que se faga o silencio.
Que se faga o silencio,
que só se sinta a auga
como escoa e decorre.
Que se faga o silencio
mentras a fonte escoe,
mentras a auga corra.
Que se faga o silencio.

Darío Xohán Cabana