Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back Actividades de promoción da lectura

/documents/39407/55553/DLFE-29319.pdf/04b451be-1b30-3ea6-21cd-385c5d3202ee

Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 11 a 15 de febreiro:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Luns 11 de febreiro:
- 10:00 e 11:30: Alumnas-os de 5º e 6º de EI do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Rato canguro" con Trinke Trinke.
Mércores 13 de febreiro:
- 10:15: Alumnas-os de 3º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Xeografía máxica europea" con Charo Pita.
Xoves 14 de febreiro:
- 10:15: Alumnas-os de 4º de EI do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Os ratos da caixiña" con Trinke Trinke.
Venres 15 de febreiro:
- 9:00 e 11:30: Alumnas-os de 3º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"ABD debuxando" con Miguel Cuba.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Martes 12 de febreiro:
- 10:35: Alumnas-os de 1º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"ABD debuxando" con Miguel Cuba.
Mércores 13 de febreiro:
- 9:30 e 11:35: Alumnas-os de 1º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"ABD debuxando" con Miguel Cuba.
Xoves 14 de febreiro:
- 10:00: Alumnas-os de 1º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Continentes" con Chus Álvarez.
Venres 15 de febreiro: 
- 9:30 e 11:35: Alumnas-os de 3º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"Talleres de banda deseñada" con Manel Cráneo.

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Martes 12 de febreiro:
- 11:00: Alumnas-os de 6º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Rato canguro" con Trinke Trinke.
Venres 15 de febreiro:
- 11:00: Alumnas-os de 1º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Cores e persoas" con Trinke Trinke.