Máis de cen efectivos da Policía Local, Servizo Municipal de Emerxencias, Protección Civil e Servizo de Salvamento e Socorrismo, coa colaboración da Garda Civil, traballaron arreo durante toda a xornada para garantir a seguridade, ordenar os desprazamentos e atender as posibles incidencias. O bo facer dos distintos profesionais municipais e a coordinación entre os diferentes servizos, xunto coa colaboración da cidadanía e o cumprimento das indicacións dos efectivos, resultaron fundamentais para o correcto desenvolvemento do operativo.
Unha vez rematada a eclipse, producíronse algunhas retencións puntuais nos principais puntos de observación debido á saída simultánea de vehículos, sen que estas afectasen de forma significativa ao normal funcionamento do tráfico.