O prazo de presentación de ofertas está aberto desde hoxe ata o 25 de marzo. A licitación será por medio de poxa pública. As persoas interesadas poden presentar as súas ofertas a través da plataforma de contratación do sector público www.contrataciondelestado.es ou presencialmente na Casa do Concello.
Coa venda de todas estas propiedades municipais, o Concello agarda obter máis de 2,5 millóns de euros. Eses recursos empregaranse para financiar novas obras e servizos públicos.
COOPERATIVAS
Das parcelas á venda, 3 son para pisos protexidos: dúas na praza da Rabadeira e unha en Mera, na rúa Eduardo Galeano. Unha vez adxudicadas e, realizados todos os trámites necesarios, abrirase un proceso de inscrición para que todos aqueles veciños e veciñas interesados poidan optar á compra dun piso. Con suficiente antelación informarase debidamente a través de todos os medios de comunicación do Concello.