Para ofrecer un amplo abano de posibilidades, adaptado ás necesidades e preferencias de cada fogar, organízanse desde obradoiros e actividades dunha hora ata campamentos de varios días. Entre outras actividades haberá campamentos, excursións a espazos naturais fóra de Oleiros, minicampamentos de 3 ou días, hortas, danza, teatro, kaiak, surf, actividades multideporte (que inclúen xogos de orientación, escalada, paddle surf, sendeirismo, bicicleta, rugby, piragüismo ou tiro con arco), artes plásticas, olería, ilustración e cómic, pintura, gravado, graffiti...
É posible obter máis información na web municipal ou na Fábrica.
Enlace información e preinscrición: pinche aquí.