O alcalde, Ángel García Seoane, xunto con outros representantes municipais reuniuse no centro coa dirección do colexio e con representantes da ANPA. Na reunión tamén se acordou solicitar conxuntamente á Consellería de Educación que se cubra o patio situado na parte posterior do edificio de educación primaria.
O ensino é unha competencia autonómica e é a Xunta de Galicia á que lle corresponden este tipo de actuacións de cubrición de patios, non ao Concello. Á administración municipal só lle corresponden os mantementos menores. Lamentablemente, a Xunta rara vez asume as súas obrigas coa axilidade que se require, tal e como están a sufrir os nenos e nenas do colexio de Santa Cruz.
Por parte do Concello, durante este verán, realizáronse distintas obras menores de mantemento en todos os centros, a petición das direccións e das ANPA.