Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello contratará a renovación da pista de Meixonfrío

O Concello vai sacar a contratación as obras de renovación da pista de Meixonfrío, en Santa Cruz, cun investimento de 388.740,44 euros, que permitirá mellorar a cuberta, o pavimento e a iluminación da instalación deportiva. Está previsto que as obras comecen a finais deste ano.

A actuación contempla a renovación íntegra da cuberta, así como a reparación do chan mediante traballos de nivelación e pintado. Tamén se mellorará e substituirá o sistema de iluminación, o que permitirá ampliar o horario de utilización da pista e empregala durante todo o ano, incluídos os meses de inverno nas horas de menor luminosidade.

Con esta intervención, o Concello de Oleiros continúa a apostar por instalacións deportivas de calidade e espazos axeitados para o lecer activo e a convivencia, mellorando as condicións de uso deste espazo municipal. 
 

back link