Icaria, ademais dunha zona residencial, conta cun polígono comercial e empresarial, integrado no eixo empresarial Perillo-Oleiros. Na actualidade é a principal área industrial do municipio e mantén un crecemento continuado desde hai máis de trinta anos. Debido á antigüidade dalgúns dos seus viarios interiores, determinadas infraestruturas requiren actuacións de renovación para garantir o seu correcto estado de conservación.
As obras consistirán na renovación completa das beirarrúas da marxe impar da rúa Zeus, onde existen numerosas lousas soltas e levantadas que dificultan o tránsito peonil e poden supoñer un risco para as persoas usuarias.