Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Grande éxito das festas e actos culturais deste verán

Coa celebración onte en Maianca da romaría de San Cosme, na que participaron máis de 1.500 persoas, púxose un broche de ouro a un verán cultural e festivo marabilloso en todo Oleiros. O Concello agradece a todas as comisións de festas e asociacións veciñais o seu xeneroso traballo.

A ampla programación do Concello, xunto coas festas e actos organizados polas distintas entidades veciñais do municipio, fixeron de Oleiros un fervedoiro social e cultural durante as últimas semanas. Un verán máis, as distintas localidades do municipio enchéronse de vida coa celebración de numerosos actos, festas e verbenas tradicionais. Foron días de convivencia, de reencontros e de alegría, nos que houbo unha elevada participación cidadá. A forza do movemento veciñal, coa axuda do Concello, fíxoo posible.

O Goberno municipal agradece enormemente o extraordinario e xeneroso traballo polo pobo e a cultura realizado por todas as persoas que forman as directivas e colaboran coas comisión de festas e as asociacións veciñais.

O Concello apoia a organización das festas aportando, coa responsabilidade que esixe a xestión pública, importantes recursos humanos, medios materiais e os espazos públicos necesarios para as distintas actividades. Na mesma liña, seguirán a promoverse as festas e verbenas tradicionais de reunión e encontro entre veciños e amigos nun clima agradable para todas as idades. Festas nas que poidan participar familias enteiras, grupos de amigos, nenos e nenas, persoas maiores... Festas para convivir e divertirse.


 

back link