“Todo o mundo sabe que houbo unha guerra total por parte do Concello de Oleiros para lograr que esta obra fose unha realidade. Despois das obras do dragado deixaran sen facer estes dous tramos, e mediante a nosa xestión xa é un feito, que ademais está quedando marabillosamente ben”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.
Está previsto que ao longo do mes de setembro conclúan tamén as obras no Paraíso. Por parte do Concello faise un chamamento á cidadanía a que se respecten as zonas delimitadas para non retrasar os traballos de xardinería.