O documental, rodado integramente en Oleiros, fala sobre o proceso de creación, produción e montaxe do espectáculo teatral “Manual de Patronaxe”, da compañía teatral Teatro do Noroeste.
O filme está dirixido por Eva Alonso e conta co realizador César Seijas, que seguen de preto e documentan durante varios meses as labores do equipo de Teatro do Noroeste durante a produción de Manual de Patronaxe, un espectáculo homenaxe ás mulleres, ás modistas e ás coidadoras.
O texto, da dramaturga Nerea Brey, levou o Premio Abrente da MIT de Ribadavia do 2023. O documental conta tamén coas entrevistas ás mulleres profesionais que fixeron posible o espectáculo.
A entrada é libre, ata completar a capacidade da sala.