O firme presenta un notable deterioro causado, principalmente, polas raíces das árbores, o que obrigará tamén á substitución de exemplares. A actuación contempla a substitución da franxa central do pavimento para facilitar o tránsito peonil e mellorar o estado xeral desta zona do parque.
O parque José Martí é un dos espazos públicos máis emblemáticos de Oleiros e un lugar de referencia para o lecer da veciñanza. O investimento total das actuacións de reacondicionamento, que inclúen a renovación do Rincón de Cecilia e dos camiños interiores, ascende a 352.000 euros.