Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Clubs de lectura e obradoiros sobre sexualidade, este mes nas casas da mocidade

O Concello de Oleiros continúa reforzando a oferta de ocio educativo para a mocidade con novas actividades durante este mes de abril. A casa da mocidade Portaberta de Santa Cruz (rúa Daniel Castelao, 5) e a casa da mocidade das Pedras (avenida Rosalía de Castro, 114) ofertan diferentes e variadas actividades gratuítas. 

Durante as próximas semanas está prevista a realización de obradoiros de cociña, preparación de bailes para TikTok, curso de DJ, mociradio, concertos, clubs de lectura, obradoiros de sexo...

Club de lectura pola Igualdade

Durante todos os xoves de abril, entre as 18:00 e as 20:00 horas, ambas casas da mocidade celebrarán o seu club de lectura. Dado que a temática central do mes é a igualdade, o libro escollido para o debate e a reflexión é “Ninfa rota”. Como é habitual en todas as actividades xuvenís municipais, a participación é totalmente gratuíta.

“Trivial sobre sexo” con especialistas

Doutra banda, o Concello organiza tamén o obradoiro “Trivial sobre sexo”, unha actividade lúdico-educativa guiada por unha sexóloga profesional. A través do formato de xogo de mesa, os mozos e mozas poderán resolver dúbidas e desmontar tópicos ou ideas preconcibidas, promovendo sempre unha sexualidade sa, respectuosa e informada. O venres 10 celebrarase nas Pedras de 19:30 a 21:30 horas e o venres 17 será en Portaberta, de 18:00 a 20:00 horas.

Para obter máis información ou inscribirse é posible dirixirse persoalmente a algún dos dous centros, chamar aos teléfonos 981 614 083 ou 981 977 944, consultar as redes sociais das casas da mocidade ou enviar un correo electrónico a pix.aspedras@gmail.com.
 

back link